I Campus FSF Castro «Xogando Xunt@s» 

O I Campus FSF Castro «Xogamos Xunt@s» tivo lugar entre os días 1 e 5 de setembro, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas nacidos entre 2011 e 2019.                       A idea deste campus surxe como unha oportunidade para aprender, convivir e disfrutar do deporte en equipo, ao tempo que se fomentan valores como a amizade, o compañerismo e o esforzo.

Os nenos e nenas asistentes participaron en actividades deportivas con entrenamiento de tecnificación, dinámicas de grupo e asistencia a sesións con entrenadores de primeira división. Tamén disfrutaron de diferentes propostas de ocio, como saídas á piscina municipal e a un parque acuático.

Unha semana intensa chea de aprendizaxe, diversión e novas amizades.

Un éxito total que nos enche de alegria e nos da forzas para seguir medrando xunt@s.

#TodoAoVermello

Próximos encontros

Patrocinadores pincipais