




NOVA CONVOCATORIA PARA ANTÍA PÉREZ
Antía Pérez, recentemente incorporada ao noso club, foi de novo convocada coa selección española para os amistosos fronte a Marruecos, que terán lugar os días 29 e 30 de agosto en Rabat.
Serán os dous primeiros partidos da temporada para preparar o Mundial de
Filipinas.
Sentímonos orgullosos de ver como unha das nosas representa ao club e ao noso
fútbol sala coa selección española.
Segue loitando polos teus soños, que nós seguiremos animándote desde a casa.
#TodoAoVermello

Próximos encontros
Patrocinadores pincipais





